martes, 23 de abril de 2019

A NOSA HORTA

Estas últimas semanas o tempo foi moi soleado, polo que tivemos que regar diariamente a nosa horta, e os nenos e nenas decatáronse de que moitos froitos estaban comidos polos paxariños, propoñendo facer un espantallo. Eles dicían que os paxaros tamén se tiñan que alimentar pero non a conta do seu traballo, xa que sempre que imos á horta as fresas que recolectan collenas para a merenda.
Na asemblea do día seguinte falamos sobre que materiais necesitábamos para elaborar o espantallo. A todos se lle ocorrían moitas ideas, pero chegamos á conclusión que a mellor opción era facelo de palla.
Coa axuda das familias fomos recolectando diferentes materiais: roupa vella, botóns para os ollos, un gran pau para sostelo e moita palla para rechealo.
Levounos varias semanas crear o noso espantallo, xa que foron as crianzas as que seguiron paso a paso a súa elaboración, a cal foi explicada por Manolo, un dos avós dun neno, que asistíu á clase durante varios días para axudarnos con esta proposta.
Con esta actividade os nenos e nenas aprenderon a traballar en grupo pero tamén de forma individual, pois cada un encargabase de darlle forma a unha parte do espantallo.


CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

O 19 de abril pechamos a semana co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona ao colexio. Antes da actuación este grupo musical visitou a nosa clase dos PICAPEIXES, e explicounos moitas cousas sobre a música tradicional galega a través das súas cancións.
Grazas a isto aprendemos moitas máis cousas sobre instrumentos, pois cada integrante da banda ensinounos como se tocaba o seu instrumento, as diferentes pezas, sons... Tras a interpretación de varios temas o grupo incitou aos nenos e nenas a tocar con eles unha canción cun instrumento imaxinario, moitos dos cativos da aula imaxinaban que tiñan nas súas mans os instrumentos que coñeceron na pasada instalación.

INSTALACIÓN CON INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

Debido ao interese dos cativos
e cativas pola nosa música tradicional, decidimos comezar o proxectos cunha instalación novidosa.
O día 17 de abril sorprendémolos coa aula totalmente vacía e no medio de 5 pandeiretas (con diferente número de ferreñas), 3 flautas (afinadas en diferentes notas), 2 latas (vacías) e 4 pandeiros.
Os rapaces e rapazas pasárono en grande con esta actividade, xa que descubriron e experimentaron cos sons de estes instrumentos que emitían cada un unha melodía diferente.
Ademais de realizar un primeiro contacto das crianzas con estes elementos poidemos traballar aspectos relacionados co sentido do oído, coa psicomotricidade (tanto fina como grosa); descubrindo as habilidades que teñen para formar un ritmo conxunto e melódico, xa que ao final da instalación propuxémoslles improvisar entre todos unha canción.

VISITA Á CASA NATAL DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 15 de abril o noso grupo visitou Padrón, concretamente a casa de Rosalía de Castro. Nesta visita os nenos e nenas coñeceron máis a fondo a historia de Galicia e da súa literatura, dando realismo á xa traballada na clase, Rosalía.
Esta experiencia foi moi entusiasmante para os nenos e nenas, pois puideron ver en primeira persoa costumes e ferramentas da pasada época.
Os xardíns que rodean a casa permitiron que os rapaces e rapazas poideran gozar dunha boa merenda e tarde xuntos/as, realizando unha busca do tesouro guíada por un dos traballadores deste museo. Esta actividade fomentou o traballo en grupo e as boas relacións entre os cativos e cativas.
Tras esta visita as crianzas interesaronse pola música tradicional galega, xa que na casa de Rosalía había unha pandeireta antiga. Isto dou pé a un novo proxecto sobre música.